CRUCEIRO DE MADRIÑÁN

Cruceiro que nace sobre plataforma de tres chanzos . O pedestal con forma de cubo ten inscrición na que se pode ver a data de construción, 1814. En cada esquina superior unha caveira. Sobre este cubo unha especie de base circular da que parte o varal, cadrado coas esquinas biseladas. O capitel tamén e cuadrado e ten un anxo en cada cara. A cruz é cilíndrica lixeiramente espiñenta, no anverso ten a imaxe de Cristo crucificado con cartela de INRI,  no reverso aparece a imaxe da Dolorosa,  coa espada cravada.

 

 

Mapa