BUSTO DE PEDRO JOSÉ RODRIGUEZ (O matemático Rodriguez)

Autor: Félix Gil Gil

Ano:

Materiais: Granito

Localización: Campo da festa, Bermés - Lalín

Coordenadas: 42º43'08.4''N 8º08'17.3''W

Descrición:

Este busto situado na parroquia que o veu nacer en 1770, réndelle homenaxe a un personaxe de espírito emprendedor e viaxeiro sempre con ganas de aprender.

Graduose en teoloxía. Estudou matemáticas pola súa conta, conseguindo unha cátedra na Universidade de Santiago de Compostela con 31 anos.

Viaxou a París onde estivo tres anos. Durante 2 anos foi comisionado polo goberno español para participar no levantamento xeodésico da costa mediterránea. Posteriormente estivo en Cádiz onde traballou na confección dun mapa de España e no sistema de pesas e medidas.

En 1809 viaxou a Inglaterra onde escribe un artigo, publicado en 1812, con amplo eco internacional pois nel demostra que os meridianos terrestres son elípticos e que os estudos de William Mudge que o levaban á conclusión de que a Terra estaba achatada polo Ecuador eran incorrectos.

Regresa á docencia en Santiago de Compostela, pero en 1814 viaxa a Alemania, onde é posible que tivera contacto con Gauss e onde se interesa polas ciencias naturais, especialmente pola botánica e a cristalografía.

Viaxa de novo a Francia e dende alí a Italia e Suiza. Dende París traballa para conseguir valiosa instrumentación para a Universidade de Santiago de Compostela.

Rexeita a oferta do Zar Alejandro I de Rusia para facerse cargo do Observatorio de San Petersburgo para ser director do Observatorio Astronómico de Madrid e profesor de astronomía no Museo de Ciencias Naturais.

Tamén formou parte da política sendo deputado das Cortes do Estado.

Faleceu en Santiago de Compostela en 1924.

A biografía mais completa que existe sobre el foi escrita por  Ramón María Aller Ulloa e publicada en 1929 nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.

 

Matemático Rodríguez
Mapa