BUSTO DE VIDAL PAYO

Autor: O Vila (Luís Ferreiro)

Ano: 2009

Materiais: Granito

Localización: Praza da Vila

Coordenadas: 42º39'39.2''N 8º06'41.4''W

Descrición:

Busto de granito, material que el mesmo empezou a traballar con tan só 13 anos nos montes de Alemparte (Lalín), a súa terra natal. Canteiro e escultor, con 19 anos xa tiña a súa propia cuadrilla de canteiros. Podemos atopar obras súas en distintas vilas galegas, pero tamén en Madrid, Alemania e Argentina, e como non en Lalín, onde ademais de esculturas, imaxes relixiosas e cruceiros foi o encargado da ampliación da igrexa construindo as naves laterais, a sacristía e o campanario da mesma.

Finou en 2008 e este busto foi inaugurado no primeiro aniversario do seu pasamento para recordar a súa figura.

 

Busto Vidal Paio
Mapa