SEN TÍTULO

Autor:  José Puchaes

Ano:  1998

Materiais:  Granito

Localización:  Parque de Joaquín Loriga

Coordenadas:  42°39'44.1"N 8°06'46.3"W

Descrición:

Cun propósito provocador xa recorrido dabondo, nace esta peza de reducido formato e contornos cóncavos, aparentemente brando e maleable que descansa sobre a herba. A forma cúrvase sobre si mesma nunha rosca, xerando unha cavidade que a torna casualmente nunha estraña pía escatolóxica convertida en receptáculo de desperdicios ocasionais. O público que se atopa con esta obra, que representa nin máis nin menos que un desmesurado excremento, reacciona habitualmente de xeito contradictorio; mais sen dúbida o coprólito - metáfora invita ó espectador á reflexión sobre certas inmundicias e miserias sociais.

(Texto: Alicia Fernández Dapena)

 

sen titulo
Mapa