A FAMILIA

Autor: Buciños (Manuel García Vázquez)

Ano: 1993

Materiais: Bronce e granito

Localización: Rotonda no parque empresarial Lalín 2000, Bergazos - Lalín

Coordenadas: 42º40'19.9''N 8º08'57.2''W

Descrición:

O traballo ten dúas partes diferenciadas de material, forma, definición e acabado. Por unha banda a estructura do basamento: cinco pezas feitas con pedra, textura de bigarda gorda, xeometría de paralelepípedos distribuídos irregularmente como unha especie de escada que chega enriba dun monolito. Doutra banda, nova superposición-acumulación de elementos, agora humanos; familia proletaria que se alza ó ceo sen separarse dunhas pezas dentadas que simulan rodas industriais; alusión directa á elevación da familia a través do traballo. Marcado contraste entre o macizo pedestal de liñas rectas e a escultura curvada e recortada por múltiples ocos coa intención de alixeira-las figuras que avanzan unidas cara ó infinito.

(Texto: Alicia Fernández Dapena)

 

A FAMILIA
Mapa