A LAXEIRO

Autor: O Vila (Luís Ferreiro)

Ano: 1997

Materiais: Pedra

Localización: Patio do Museo Municipal Ramón María Aller, Lalín

Coordenadas: 42º39'40.2''N 8º06'48.4''W

Descrición: 

Sobre unha discreta peaña, achamo-la figura do xenial artista Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro. Retratado con realismo, de pé, coa cabeza lixeiramente levantada e axeitadamente barbeado e ataviado coa súa particular vestimenta: sombreiro, lentes, abrigo e tapabocas. O artífice desta imaxe deixou ó pintor coas súas habilidosas mans metidas dentro do gabán, dándolle abeiro nun recanto apacible no que, aínda dende lonxe, pódenos sorrir a todos. Esta obra de sólidas formas na percura do modelo referente, demosta unha técnica cimentada na tradición, evidenciando o empeño deste canteiro formado na comarca de Deza. Esta escultura ven a sumarse ás numerosas homenaxes tributadas polo pobo de Lalín ó seu paisano Laxeiro.

(Texto: Alicia Fernández Dapena)

 

A Laxeiro
Mapa