Á NAI

Autor: Vidal Payo

Ano: 1986

Materiais: Granito

Localización: Praza da Vila

Coordenadas: 42º39'39.1''n 8º06'41.3''W

Descrición: 

Colocada sobre un gran penedo reboludo atopamos esta maternidade sedente amamantando ó seu recén namentres que outro fillo se lle prende pola dereita, sen deixármonos ve-la súa cara. A muller-madona de longo cabelo recollido en trenza, semella pensativa e a súa indumentaria é ben sinxela: zocos, saia longa, e unha camisa que destapa con orgullo un dos seus xenerosos peitos. É ben doado recoñecer nestas formas redondeadas polo canteiro a figura da matriarca galega tan sobria e robusta como a mesma solución escultórica. Mamanteira xenerosa e portectora como naquela lonxana historia de Rómulo e Remo. Nai que tantas veces saíu do obradoiro deste artista de Alemparte. De seguro que o mestre tentando render homenaxe a tódalas nais galegas pensaba na súa que non chegou a coñecer. Cabe salientar que, aproveitando a cor caprichosa dunha veta de granito, o rapaz que está espido presenta unha fermosa pel rosada.

(Texto: Alicia Fernández Dapena)

 

a nai
Mapa