BUSTO DE JOAQUÍN LORIGA e PERCORRIDO DO RAID AÉREO MADRID - MANILA

Autor: Félix Gil Gil

Ano: 1989

Materiais: Granito

Localización: Parque de Prado

Coordenadas: 42º41'02.0''N 8º11'06.7''W

Descrición: 

Dúas obras diferenciadas pero relacionadas entre si situadas no mismo parque na localidade natal de Joaquín Loriga, Prado. Joaquín Loriga é un dos Fillos Ilustres de Lalín e naceu no Pazo de Liñares, sito a pouca distancia deste parque. Militar do exército do aire, como se aprecia no uniforme que loce neste busto, foi o encargado de realizar o vó de proba do autoxiro de Juan de La Cierva en 1926. Pouco despois, nese mesmo ano, emprendeu a maior aventura da súa vida, xunto con outros dous pilotos Gallarza e Estevez e os mecánicos Pérez, Calvo e Arozamena. Percorreron máis de 18.000 quilómetros entre Madrid e Manila, a bordo de sendos Breguet 19, en dezaseis etapas durante trinta e oito días. Este traxecto está reflexado en outra escultura do parque, na que sobre un gran disco pétreo aparece o mapa do mundo en bronce no que se observa a ruta seguida. En 1927 Joaquín Loriga perecía nun accidente aéreo no aeródromo de Cuatro Vientos en Madrid.

 

Praza Loriga Prado
Mapa