CARBALLEIRA DE BARCIA

O carballo é a árbore máis representativa de Galicia. A  dura madeira do carballo foi empregada para a construción de barcos e dise que para facer a frota da  Armada Invencible foron cortadas grandes extensións de carballeiras. Ata non hai moito foi materia prima esencial na construción de vivendas, para travesas de ferrocarril e para a elaboración de carbón. Aínda hoxe segue a utilizarse como combustible no rural galego.

 

Esta carballeira, cunha superficie de 30.000 metros cadrados, era propiedade do cercano pazo de Barcia. Conta con exemplares de máis de douscentos anos, plantados de tal xeito que dende calquera perspectiva se ven ringleiras perfectamente aliñadas. Característica que a convirte nun dos lugares mais fotografados da comarca.

 

 

CARBALLEIRA DE BARCIA
Mapa