Feira do Cocido

Data: Domingo anterior ao domingo de entroido

Lugar: Lalín

Descrición: Festa de Interese turístico Nacional dende 2010.

Desfile de comparsas e carrozas, mercado de produtos da zona, degustación de cocido nos restaurantes do municipio. A Feira do Cocido é a exaltación dun dos pratos senlleiros da gastronomía galega. Co paso dos anos converteuse nunha das principais festas gastronómicas de Galicia e mesmo da península ibérica. Iniciou a súa andaina no ano 1968 co obxectivo de exaltar e dar a coñecer a comarca como referente na produción de cárnicos de calidade e de excelentes produtos do agro. A Feira conta cun amplo programa de actos/actividades que teñen lugar no primeiro trimestre do ano e cuxo día grande celébrase cun vistoso desfile de carrozas, charangas e comparsas, a lectura do pregón a cargo dalgún persoeiro recoñecido.

Máis información: http://feiradococido.lalin.gal/

Coordenadas desfile e pregón Feira do Cocido: 42°39'41.1"N 8°06'44.2"W

Coordenadas campo da feira postos de venda de produtos: 42°39'34.5"N 8°06'50.7"W

 

 

Cocido de Lalín
Mapa