BERMÉS (Santa María)

Aparece mencionada a parroquia de Bermés nos documentos do bispo Odoario no s. VIII. A igrexa primitiva foi substituída no s. XII. por outra de feitura románica. No seu entorno atopáronse varias estelas funerarias romanas dos s. I-III.

Conserva da súa fábrica románica parte dos muros laterais, neles pódense apreciar métopas decoradas con estrelas de oito puntas ou con flores de pétalos redondos e botón central, así como canzorros con forma de follas, personaxes sentados, aves e cabezas de animais.

A cabeceira e a fachada occidental foron remodeladas a mediados do s XIX. No museo de Pontevedra consérvanse catro capiteis románicos desta igrexa, probablemente pertencentes ao arco triunfal e ao arco faixón da ábsida. Antes de entrar no atrio da igrexa podemos admirar o centenario carballo, inscrito no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.

 

Mapa