CANGAS (Santa Mariña)

A data de construción da igrexa é 1179, segundo a inscrición que se pode ver na porta occidental  “ERA: MPC:XVII” que Bango Torviso le como “Era milésima, centésima séptima décima”. Dita porta occidental, posúe unha arquivolta lisa que descansa en duas columas coas bases enterradas, o mais intersante dela  é o tímpano dunha soa peza facendo lintel e con dous lóbulos na parte inferior, sobre os que está a  mencionada inscrición. A parte superior do tímpano está decorada con catro arquiños e no centro unha estrela de 8 puntas con botón central. Tamén conserva da época románica os muros coas súas cornixas e  varios canzorros.

Tanto a ábsida como a parte superior da fachada son de época barroca.

Os capiteis románicos do arco triunfal consérvanse no museo de Pontevedra.

Conta a tradición que esta igrexa ten lazos Templarios.

Como chegar:

Dende Lalín coller a EP-6009 (despois EP-6302) en dirección a Brántega. Dende a rotonda superior do centro comercial Deza, percorrer  7,3 quilómetros ata chegar ao desvío, á dereita, cara a Montrigo / Cangas.  Collelo e seguir 900 metros, ata atopar un desvío, á esquerda, cara a Montrigo. Seguir por el, e 100 metros despois atópase, á esquerda, o sinal para a igrexa, que está 180 metros despois do desvío.

 

Mapa