Igrexa de Cangas (Santa Mariña)

A data de construción da igrexa é 1159, segundo a inscrición que se pode ver na porta occidental; dita porta occidental posúe unha arquivolta lisa que descansa en dúas columas coas bases enterradas, alberga un tímpano dunha soa peza facendo lintel e con dous lóbulos na parte inferior, sobre os que está a  mencionada inscrición. A parte superior do tímpano está decorada con catro arquiños e no centro ten esculpida unha estrela de 8 puntas con botón central.  O templo tamén conserva da época románica os muros coas súas cornixas e  varios canzorros.

Tanto a ábsida como a parte superior da fachada son de época barroca.

Os capiteis románicos do arco triunfal consérvanse no museo de Pontevedra.

Conta a tradición que esta igrexa ten lazos Templarios, tradición que se repite en varios templos da mesma área como na igrexa de Bermés.

 

Coordenadas:      42°44'23.6"N 8°06'09.9"W

 

Igrexa Santa Mariña de Cangas
Mapa