Igrexa de Palio (Santa Baia)

As súas orixes sitúanse no s. XI, sendo a igrexa máis antiga que se conserva no municipio. Posteriormente sería reformada no s. XII, xa na plenitude do románico, e no XVIII, no que se lle engadiría a sacristía e a espadana. A súa sinxeleza e pequeno tamaño evoca á perfección o carácter recatado do románico rural galego.

Ten planta de unha soa nave e ábsida rectangular, sobre a que destaca un año sen a cruz antefixa, conserva tamén os canzorros e a sinxela cornixa. A portada occidental é simple, sen arquivolta e con tímpano apuntado. A parte superior da nave foi refeita, gañando en altura e perdendo os canzorros primitivos.

No seu interior destaca o arco triunfal policromado de medio punto que se apoia sobre dous capiteis con motivos vexetais e unha figura no centro. Tamén poden observarse varias pinturas murais.

 

Coordenadas:      42°45'27.1"N 8°06'26.2"W

 

Mapa