Alperiz (San Pedro)

Igrexa orixinaria de mediados do s. XII. Conserva desta época a portada con arquivoltas de arco de medio punto sobre columnas acaroadas, na parte superior da entrada leva uns saíntes a modo de ménsulas que sosteñen o tímpano sen decoración. A cornixa, tamén románica, amosa canzorros con motivos xeométricos, un deles coa figura dun rostro humano. No interior presenta arco triunfal de dúas arquivoltas con capiteis de decoración vexetal.

No ano 1846 realizouse unha modificación substituíndo a ábsida e agrandando a nave. Tamén se engadiu na fachada unha espadana con base rectangular e arco de medio punto onde se alberga a campá, no cume presenta un pequeno frontón triangular flanqueado por volutas e con un óculo central, aos lados cadanseu pináculo.

Non obstante estes engadidos, conserva totalmente o carácter do románico rural galego.

 

 

Igrexa de San Pedro de Alperiz
Mapa