Igrexa de Palmou (San Xoán)

Aínda que moi reformada conserva diversos elementos da súa fábrica románica de finais do século XII. A  cornixa que descansa sobre canzorros con figuras variadas, felinos, coellos, mostruos, parella de vellos, un músico tocando a viola... Unha porta lateral cunha arquivolta sobre columnas de fuste liso monolítico e capiteis decorados un con dous leóns e outro con follas.

O templo posuía un tímpano que cubría a porta principal coa escena en relevo da loita de Sansón e o león. Dito tímpano, que desapareceu hai anos, foi descuberto nunha poxa en Milán. Foi adquirido pola Deputación de Pontevedra e hoxe  podemos velo no Museo de Pontevedra. Na casa consitorial de Lalín hai unha réplica feita pola escola de canteiros de Pontevedra.

 

Coordenadas:      42°43'50.1"N 8°07'11.3"W

 

Mapa