Igrexa de Rodís (San Xiao)

Este templo do século XII é unha das xoias románicas do municipio. Pese á sacristía acaroada no muro norte e a espadana, engadidas no S XVIII, posúe a súa fábrica orixinal case intacta.

A ábsida é rectangular, con cruz antefixa patada. A portada occidental é dunha arquivolta sustentada por columnas acaroadas, con bases e fustes lisos e capiteis decorados con cunchas. Sobre a porta ábrese unha seteira de derrame interno.

O muro sur alberga unha porta sinxela, sen arquivolta, rematada cun tímpano pentagonal. A cornixa está sustentada por canzorros en proa e curva de nacela, e está decorada con bolas.

A 300 metros da igrexa atopamos a antiga fábrica de papel de Rodís.

 

Coordenadas:      42°45'11.6"N 8°05'14.0"W

 

Igrexa San Xiao de Rodís
Mapa