Igrexa de Vilanova (San Xoán)

Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.

A portada é dun arco de medio punto cunha arquivolta decorada con arcos e tacos incisos, está sustentada por dúas columnas de bases enterradas e capiteis moi pouco traballados. A espadana contén dous arcos e óculo. A seteira é produto da modificación barroca.

Nos muros consérvanse algúns canzorros de tipo xeométrico e con formas de animais.

 

Coordenadas:      42°36'48.2"N 8°07'45.9"W

 

Mapa