MUSEO MUNICIPAL RAMÓN Mª ALLER ULLOA

Esta casa de finais do século XIX foi a residencia do astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, nacido no pazo de Filgueiroa (Lalín) en 1878. Nela, a comezos do século XX, pódese dicir que empezou a investigación astronómica en Galicia, xa que dende a galería, Ramón Aller fixo as primeiras observacións sobre pasos de Mercurio por diante do Sol, eclipses, ocultacións, medidas de estrelas dobres ou aspectos de planetas. Posteriomente construiu dúas casetas de madeira no xardín (1912-1917) para levar a cabo estas tarefas. No ano 1923 fixo os planos dunha nova construcción con cúpula, que foi inuagurada ao ano seguinte creando así o primeiro observatorio astronómico de Galicia.

Foi adquirida polo Concello para adicala a Casa Museo de Fillos Ilustres de Lalín e inaugurada como tal en 1989.

Na planta baixa do edificio atopamos de forma permanente o despacho do ilustre  D. Ramón Mª Aller, nunha sala que xunto co espacio anexo, outrora patio que rodeaba a vivenda, acolle exposicións temporais de arte.

A primeira planta está adicada ao pintor e fillo ilustre José Otero Abeledo “Laxeiro” e nela podemos contemplar varias das súas obras de xeito permanente, un dos grandes artistas renovadores pertencentes a vangarda histórica galega.

No exterior, atopamos o mencionado Observatorio Astronómico, recentemente recuperado, así como unha estatua, en pedra, do pintor “Laxeiro”, obra de Luis Ferreiro “O Vila”.

O Museo conta cunha ampla programación de eventos culturais, sobresaindo a Bienal de Arte “Pintor Laxeiro” que se celebra dendo o ano 1993.

De luns a domingos

11:00 a 14:00

17:00 a 20:00

Visita de balde. Grupos con reserva previa.

Enderezo:       Rúa Ramón Aller,  9 - 36500 Lalín
Teléfono:         986 784 004
Fax:                 986782042

Email:             museo@lalin.gal

Coordenadas:  42°39'40.5"N 8°06'48.0"W

 

museo ramon aller
Mapa