MUSEO ETNOGRÁFICO CASA DO PATRÓN

A “Casa do Patrón” é un museo etnográfico no rural, con máis de 2.000 metros cadrados de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos apeiros dunha gran historia , auténticos símbolos da Galicia dos últimos tres séculos.

O Museo dispón de 13 salas de exposicións organizadas por temáticas, onde se pode observar unha antiga escola, unha taberna, un forno, unha forxa tradicional, entre outros oficios esquecidos, así como elementos cotiáns que conformaron os hábitos de vida dos nosos devanceiros.

Unha das súas salas recolle as distintas pezas atopadas nas escavacións do Castro de “O Penedo” , do que hai escavadas e consolidadas varias estruturas que poden ser visitadas, e que se ubica moi preto do Museo, ademais da réplica a tamaño real dunha Casa Castrexa.

A Casa do Patrón leva a cabo una serie de proxectos anuais para manter viva a tradición, recuperando prácticas de antano que na actualidade se están perdendo, como a sega do cereal, a malla, o proceso do liño, o magosto...

Durante todo o ano realízanse tamén talleres de actividades (pan, queixo, cestería, rutas de sendeirismo, reciclaxe,talleres castrexos...). para todos os públicos, tanto a nivel individual como para grupos.

Conta ademais con servizo de restaurante con comida caseira por encarga.

No entorno podemos disfrutar da área de lecer “Entre Ríos” onde o Museo dispón de varios muíños restaurados e en funcionamento.

Como chegar:
Dende Lalín collemos a estrada PO-534 en dirección a Pontevedra, e seguir os indicativos

Tarifas:

Individuais e grupos de menos de 25 persoas 3 €/persoa – 1,5 €/nenos de 5 a 12 anos
Grupos de mais de 25 persoas 1 €/persoa
Colexios 1 €/alumno
Nenos menores de 5 anos de balde

Horarios:
Luns reserva previa
Martes a domingo: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Enderezo: Codeseda, 1 – Doade, 36519 - Lalín

Teléfono: 986 69 22 03 – 635 93 98 90

E-mail: info@museocasadopatron.com

Web: museoetnografico.net

 

casa do patron
Mapa