MIRADOIRO DE PEDROSELO

Situado en Bustelos, parroquia de Vilatuxe, dende el pode verse o curso do río Deza e súa unión co rego de Grobas. A aldea de Porto Martín. As devesas de Ameixedo, Bustelos e Moa. Tamén o Coto de Zobra, o monte Coco e os montes do Testeiro. Asi como unha panorámica de Lalín.

Tomar a estrada de Vilatuxe a Bustelos. Na aldea de Bustelos ir a pé polo camiño de terra que parte dende a capela en dirección ó depósito da agua. O mirador atópase a 1.500 mts. de distancia da aldea.

Coordenadas: 42°34’50.99”N8°14’11.03”W

 

miradoiro pedroselo
Mapa