MIRADOIRO DO COUTO DE ZOBRA

Situado na parroquia de Zobra, presentanos unha panorámica das devesas de Bustelos e do río Zobra, o monte Castelón,  o monte Coco, e o alto de San Bieito. A aldea de Moa e as devesas.

Na estrada de Vilatuxe a Zobra, xusto antes da pista polideportiva da Portela (Zobra), collemos a pista de terra que sube á esquerda. Seguímola ata chegar á liña de eólicos. Outra opción é continuar en coche pola mesma estrada e coller á esquerda, dirección Liñeiras ata chegar ó cruce coa liña de eólicos. Logo á esquerda.

 

Coordenadas:      42°34’31.11”N8°12’25.01”W

 

Vistas Couto Zobra
Mapa