MUSEO ETNOGRÁFICO CASA DO PATRÓN

Museo Casa do Patrón

O Museo Etnográfico Casa do Patrón é un Museo no rural, con más de 2.000 m2 de exposición distribuídos en tres edificios, un museo etnográfico onde se expoñen máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos apeiros dunha gran historia, auténticos símbolos de Galicia dos últimos tres séculos.

O Museo Etnográfico dispón de trece salas de exposición organizadas por temáticas,onde se poden observar as antigas escolas, pasando polos hábitos de vida dos nosos antepasados, oficios antigos, unha taberna, un forno ou unha forxa tradicional.

Ofrece visita guiada polas instalacións do centro etnográfico, coa posibilidade de visualizar un vídeo dos procesos produtivos artesanais. Ademais ofrece diversos obradoiros etnográficos como a elaboración do pan, do queixo, de cestería, xogos tradicionais, traballos con barro, tecido manual ou reciclaxe de papel, rutas de sendeirismo, ou talleres relacionados coa cultura castrexa.

Conta cunha sala de arqueoloxía na que se expoñen os restos achados no recentemente escavado Castro de Doade, así como unha réplica da Casa Castrexa.

Conta ademais cun servizo de restaurante de cociña tradicional caseira pero sempre baixo reserva previa.

Pódese completar a xornada coa visita as estruturas habitacionais e sistema defensivo do “Castro de Doade”, sito a 600 metros do Museo. A contorna natural biosaudable de “EntreRíos”, área de lecer no río Asneiro a 200 metros do recinto museístico.

Como chegar:
Dende Lalín collemos a estrada PO-534 en dirección a Pontevedra, e seguir os indicativos

Tarifas:

Individuais e grupos de menos de 25 persoas 3 €/persoa – 1,5 €/nenos de 5 a 12 anos
Grupos de mais de 25 persoas 1 €persoa
Colexios 1 €/alumno
Nenos menores de 5 anos de balde

 

Horarios:

Luns: reserva previa
Martes a domingo: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

 

Enderezo:       Codeseda, 1 – Doade, 36519 - Lalín

Teléfono:        986 69 22 03

E-mail:            info@museocasadopatron.com

Web:               museoetnografico.net

Coordenadas:  42°36'32''N 8°07'56"W