CASTRODEZA (Centro de interpretación da cultura castrexa)

Inaugurado en novembro de 2016, é un espazo pertencente á Deputación de Pontevedra orientado á divulgación e posta en valor da cultura castrexa, as súas lendas e gastronomía; onde as novas tecnoloxías da información e a comunicación se poñen ao servizo do patrimonio cultural que atesoura a comarca de Deza.

Este espazo pode percorrerse de maneira autónoma ou mediante visitas guiadas con reserva previa (consultar condicións). Tamén se ofertan talleres didácticos relacionados co mundo da cultura castrexa, adaptados para todo tipo de público.

 

 

Visita gratuíta

Martes a domingo

(Horario segundo tempada)

Enderezo:       Plaza de Galicia, 1 - 36500 Lalín

Teléfono:        986 781 608

E-mail:            castrodeza@depo.es

Web:               www.castrodeza.com

Coordenadas:  42º39'39.183''N 8º6'59.342''W