CASTRO DE “O PENEDO”

O “Castro do Penedo” tamén coñecido como Castro de Doade e popularmente como “Aurela do Castro”, está situado na parroquia de Doade, a 100 metros do lugar de O Penedo e Taín, e a 200 metros da aldea de Codeseda, no extremo setentrional dunha lomba preto do inicio da pendente cara o val do río Asneiro.

Posúe un único recinto de forma casi circular, que ocupa unha superficie dunha hectárea. A partir da foto histórica, parece que o seu acceso orixinal estaría situado pola parte occidental, por onde se realizou unha explanación parcial das defensas do Castro para favorecer os cultivos agrícolas.

No ano 2015 comezaron a  realizarse actuacións arqueolóxicas que deron como resultado o descubrimento e consolidación de varias estruturas habitacionais (visitables) e o achado de varios miles de restos, de barro, líticos, ferro, bronce, palla-barro, ..., etc. expostos nunha sala monotemática nas instalacións do Museo Casa do Patrón sito a 300 metros do Castro.

Forma parte do percorrido do PR-G 210 e da ruta do Museo da Paisaxe.

 

Coordenadas:      42°40'33.3"N 8°10'21.4"W

 

Castro O Penedo
Mapa