ALTAR DO SOL E MÁMOAS DE ALPERIZ

Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, estas mámoas formaban parte dun conxunto de sete, coñecido como Mámoas da Cruz, das que na actualidade só se conservan tres. 

  • A Mámoa da Cruz, nela pódese apreciar perfectamente o túmulo de terra e albiscar os 5 esteos que sobresaen da cámara e a pedra de cubrición movida. Nesta hai un oco no que se cre que en algún momento poido haber chantada unha cruz, de ahí o seu nome. Foi recoñecida polo departamento de Cultura da Xunta de Galicia en 2011

         Coordenadas:      42º42'55.4''N 8º01'58.7''W

  • O Altar do Sol, nome co que a coñecen os veciños, correspóndese cun recinto pechado formado por 7 esteos e presidido por unha gran pedra con dous rebaixes en forma de círculo orientado cara o nacente. Foi declarado BIC como monumento histórico artístico en 1974.

         Coordenadas:      42º42'52.5''N 8º01'56.6''W

  • A Mámoa do Cruce, chamada así por estar xusto no cruce de entrada a Alperiz, a beira da estrada. Un dos esteos que se conservan sobresae 1.5 metros de alto e nel pódese ver un gravado con motivos serpentiformes, orientado cara o leste.

         Coordenadas:      42º42'51.5''N 8º01'59.2''W

Existen duas mámoas máis situadas na coñecida como Zarra do Canal que tamén se conservan.

Todas elas pertencen ao Neolítico e foron saqueadas, ao igual que a maioría das existentes en Galicia, tras a licenza concedida por Felipe III a Vazquez de Orxas en 1609, para recuperar os posibles tesouros existentes no seu interior para a Facenda Real, aínda que moitas delas foron saqueadas polos campesiños movidos pola “febre do ouro” creada.

 

 

altar do sol
Mapa