ÁREA DE LECER DE MOURISCADE

Situada na parroquia de Vilanova, a 7 quilómetros do casco urbano de Lalín,

Á beira do río Asneiro, do que collía auga en tempos o muíño que aquí se conserva, é o lugar perfecto para pasar un día en familia ou con amigos, conta cunha grella, mesas e bancos de pedra onde poder desfrutar dunha agradable comida.

Parten dende aquí dous sendeiros,

O circular de Doade que en 9 quilómetros de percorrido pasa pola aldea de Doade, onde podemos visitar o Museo Etnográfico “Casa do Patrón”, así como polo castro de O Penedo (que está en proceso de escavación), o miradoiro do monte Xestoso ou a aldea de Muíños.

O lineal das paisaxes do alto Deza (Museo da Paisaxe), que percorre parte do sendeiro anterior, seguindo despois ata a serra de Candán pasando por lugares como Lebozán, As Liñeiras, Chedas, Zobra ou a Trigueira (antigamente houbo nesta aldea unha importante explotación mineira de estaño) e ao longo do que nos imos atopando paneis informativos sobre as paisaxes desta zona.

42°36'50.9"N 8°08'43.4"W

 

mouriscade
Mapa