ÁREA DE LECER “ENTRE OS RÍOS”

A 7,5 km da vila de Lalín.

“Casa do Patrón” conta con un espacio natural á beira do río Asneiro, con área recreativa propia, onde podes pasar un anaco agradable á sombra da rica e variada flora, e ó mesmo tempo tomalo sol ou disfrutar dunha comida en familia ou con amigos nos seus bancos e mesas de madeira e pedra.

Un espacio bio-saudable con dous muíños de agua, “Muíño da Ponte” e“Muíño de Entre Ríos” totalmente restaurados que fan as delicias dos visitantes ó podelos contemplar en funcionamento.

Dende esta área de lecer pódese iniciar varias rutas de sendeirismo circulares na que se destacan tódolos aspectos naturais, culturais e patrimoniais da mesma. A lonxitude do recorrido pode variar en función da idade ou destreza dos camiñantes, sendo todas de dificultade baixa. Dada a finalidade educativa, o tempo en realizalas prolongase na medida en que nos deteñamos nos puntos máis destacados.

Entre os elementos naturais cabe destacar o Castro de Doade e as moitas carballeiras e soutos de castiñeiros existentes, así como o río Asneiro que discorre pegado á ruta nunha boa parte do seu percorrido.

 

entre os rios
Mapa