CARBALLEIRA DO RODO e SOUTO DE GARCIA SANCHEZ

A tan só 700 metros do quilómetro cero atopamos este espazo verde no que carballos e castiñeiros, dúas das especies máis representativas de Galicia, conviven de maneira ordenada.

Cando chega a primavera varios matices de verde coroan as súas copas, a elas veñen buscar acubillo torcazas ou pegas marzas. No verán proporcionan agradable sombra. No outono as cores, neste caso ocres, marelas e marróns volven chamar a nosa atención, a choiva de follas, de castañas e landras que pouco a pouco van alfombrando o chan tamén. Despois disto chega o inverno, e por entre as polas núas as railas de sol chegan ata o chan.

Coordenadas: 42°40'07.7"N 8°06'40.0"W

 

Carballeira Rodo
Mapa