PARQUES DO ENTORNO DO AUDITORIO

Situado no entorno do auditorio municipal, pódense contemplar varias esculturas relacionadas coa música. Especialmente curiosa é a que representa  unha orquesta na que os músicos son diferentes tipos de árbores e arbustos.

Nas inmediacións, un parque infantil, unha pista para monopatíns, e un pequeno circuito de condución segura, convírteno nun fantástico lugar para disfrutar cos cativos. Tamén hai un estanque, o lago do Pontiñas, que se pode bordear, comezando aquí o Paseo do Pontiñas, que ao longo de case 5 quilómetros vai parello ao curso deste regato que lle da nome, e que pode percorrerse tanto a pé como en bicicleta.

42°39'53.8"N 8°06'14.7"W

 

parque auditorio
Mapa