Miradoiros

Vista das casas de A Cabana, A Trigueira e Porto Martín. O monte da Corza, o Coco, o Penón e os bancáis para cultivo da Trigueira.

Descrición dos accesos: Carretera de Zobra ao Ameixedo. A 400 mts. de A Trigueira, na marxe dereita polo acceso superior á área recreativa da Trigueira.

Coordenadas: 42°33'37.2"N 8°13'43.9"W

 

Como chegar:

Dende Lalín seguir a estrada PO-534 en dirección a Pontevedra, dende a rotonda do campo de fútbol de Donramiro percorrer 18,5 quilómetros, neste punto hai unha pista, sen asfaltar, á esquerda que nos leva ao alto de San Bieito a uns 4 quilómetros, pero xa dende a estrada PO-534 podemos apreciar fermosas vistas.

Desde aquí podemos observar o Val do Deza e Trasdeza. As vilas de Lalín e Vila de Cruces, a Serra do Candán, a Serra do Farelo e a Serra do Faro.

Como chegar: