Arquitectura Civil

O pasado e o futuro converxen en Lalín. Pontes medievais de pedra coma a Ponte Taboada ou a Ponte dos Cabalos conviven coa acristalada arquitectura de vangarda do Castro Tecnolóxico. Na vangarda científica estivo tamén o que foi o primeiro observatorio astronómico de Galicia, construído por Don Ramón Mª Aller en 1924, e no que, a día de hoxe, despois do seu acondicionamento, se levan a cabo visitas e actividades de observación do firmamento.

Como exemplo de arquitectura industrial, pervive o edificio da fábrica de papel de Rodís, fundada arredor do ano 1850, hoxe vivenda familiar.

Os pazos, as construcións mais características da nobreza fidalga de Galicia contan no municipio con mais de trinta exemplares. Algúns, privados dos seus moradores, resisten a duras penas o paso do tempo, mantendo a súa dignidade, mirando con esperanza ao Pazo de Liñares que estivo a punto de converterse en sombra de si mesmo e que agora, renacido coma unha ave fénix, móstrase aos visitantes en todo o seu esplendor. Outros conservan a súa función de vivenda, ou convertéronse en establecementos rurais que acollen co seu señorío  aos seus privilexiados hóspedes.

E se o que se quere é desfrutar da arquitectura popular, basta con dar un paseo polo rural para admirar construcións funcionais coma os muíños de auga, hórreos, lavadoiros, ou os balados de pedra que son a alma da nosa paisaxe.

thumbnail Ponte Taboada Esta ponte de pedra pertencía ao camiño real que unía as cidades de Santiago e Ourense. Substituíu con seguridade a pontes anteriores construídas...
thumbnail Ponte dos cabalos Construída no ano 970, sobre o río Arnego. Ponte feita en pedra, conta con dous arcos de medio punto sobre os que se apoia o taboleiro feito de...
thumbnail Pazo de Liñares Pazo de estilo barroco do século XVII. Foi casa dos Taboada, unha das linaxes mais importantes de Galicia.
thumbnail Pazo de Bendoiro A súa orixe remóntase ao século XVI. Co paso dos séculos sufriu numerosas modificacións, sobre todo no século XIX para adaptalo á tendencia da...
thumbnail Pazo de Anzuxao Foi fundado no século XVI, aínda que o edificio actual é do século XVIII.
thumbnail Observatorio astronómico Está situado no que foi xardín da casa do fillo ilustre de Lalín, D. Ramón María Aller Ulloa convertida dende o ano 1986 no museo municipal que...
thumbnail Antiga fábrica de papel de Rodís Este edificio situado na parroquia de Rodís é unha grande nave industrial construída en cadeirado de pedra, con teito a dúas augas, e con medio...
thumbnail Ponte Taboada (nova) Construída entre 1861 e 1863, substituía á vella ponte do s.X que augas arriba atravesa o río Deza - e que continúa a ser transitada por...