Cruceiro de Donsión

Do 1789. Plataforma de 1 chanzo. Pousadoiro. Pedestal cúbico ten a imaxe dun anfibio ou reptil, representación do demo. No varal a imaxe dunha tartaruga, as imaxes de Adán e Eva, por enriba deles a árbore da resurrección. Capitel decorado con flores de lis e volutas no centro de cada lado unha cara. A cruz ten a imaxe de Cristo polo anverso e a Virxe polo reverso.