Descripcion;TituloCoordenadas;Latitud;Longitud;Imagen;Documento;DocumentoNombre;Enlace;EnlaceNombre;EnlaceInterno;EnlaceInternoNombre Declarada Monumento Natural, un dos oito existentes en Galicia, esta fraga de 45.185 metros cadrados de superficie, conta con excepcionais exemplares de carballos e castiñeiros, algúns destes últimos acadan os 30 metros de altura e 5 metros e medio de perímetro, estando considerados como os de maior taxa de medranza anual de Europa. Era propiedade da familia Quiroga, habitantes do pazo situado no lugar de Quintela, a poucos metros da fraga, por iso tamén é coñecida como Fraga de Quiroga, Souto de Quiroga ou Carballeira de Quiroga. No ano 1868 un dos descendentes desta familia casa con Emilia Pardo Bazán, quen quizais escribiu algúns capítulos da súa obra ?Los Pazos de Ulloa? neste pazo. A mediados do século XX a FAO (Organización das Nacións Unidas para Agricultura e Alimentación) reclamou a protección desta fraga. No ano 1998 pasou a ser propiedade da Consellería de Agricultura e Medio Ambiente, sendo declarada Monumento Natural no ano 2000. É posible desfrutar da fraga percorrendo un sendeiro circular sinalizado, de sinxelo e curto traxecto, só un quilómetro douscentos metros, equipado con paneis interpretativos.;Coordenadas;42.635707;-8.095567;/documents/87251/96738/Fraga+de+Catas%C3%B3s+1.JPG/679dc20d-d066-e07e-5a39-7f5198a4401b?t=1623231698713,/documents/87251/96738/Fraga+de+Castas%C3%B3s%2C+casti%C3%B1eiro.jpg/e78fc349-722f-922c-400d-2f481d9a9cd7?t=1623231698756,/documents/87251/96738/_K3S8997-Editar+%281%29.jpg/c6b0949b-9e5d-f765-2d7a-5c1d04dc3196?t=1623231698842,/documents/87251/96738/Fraga+de+Catas%C3%B3s%2C+casti%C3%B1eiro.jpg/194f82eb-2c3c-92ed-efc7-8290c7d34245?t=1623231698887,/documents/87251/96738/FRAGA.jpg/8eb965d5-6cfe-ae96-ddf9-a8a0bfc61bb5?t=1623231698932;;;;;; O carballo é a árbore máis representativa de Galicia. A dura madeira do carballo foi empregada para a construción de barcos e dise que para facer a frota da Armada Invencible foron cortadas grandes extensións de carballeiras. Ata non hai moito foi materia prima esencial na construción de vivendas, para travesas de ferrocarril e para a elaboración de carbón. Aínda hoxe segue a utilizarse como combustible no rural galego. Esta carballeira, cunha superficie de 30.000 metros cadrados, era propiedade do cercano pazo de Barcia. Conta con exemplares de máis de douscentos anos, plantados de tal xeito que dende calquera perspectiva se ven ringleiras perfectamente aliñadas. Característica que a convirte nun dos lugares mais fotografados da comarca.;Coordenadas;42.6258333;-008.1902778;;;;;;; Zona declarada ZEC (Zona Especial de Conservación) de 1.124 hectáreas, compartidas cos municipios de Agolada e Vila de Cruces, comprende no concello de Lalín parte das parroquias de A Veiga, Cadrón, Galegos, Muimenta, Parada e Rodís. Esténdese polas ladeiras do treito medio e inferior do val do río Arnego ata a súa desembocadura no encoro de Portodemouros, no río Ulla. A sobreira, presente en Galicia só nas zonas máis abrigadas dos vales fluviais, ten nas beiras deste río un dos bosques mixtos mellor conservados e máis extensos da comunidade, algúns dos exemplares chegan ata os 25 metros de altura. A existencia desta especie e de outras como o érbedo é posible nesta zona gracias as condicións climáticas de tipo mediterráneo. Durante séculos a cortiza extraída destas sobreiras foi aproveitada entre outras utilidades para a fabricación de cortizos para as abellas. Nesta zona séguese mantendo a tradición de extraer a cortiza, labor levada a cabo por especialistas vidos de Portugal, país con gran tradición corticeira. Algunhas especies de fauna, ameazadas, atopan neste lugar un refuxio para a súa supervivencia, especialmente aquelas asociadas ao curso do río como a lontra, a aguaneira ou o mexillón de río que ten no Arnego unha das súas últimas poboacións de cría de todo Europa.;Coordenadas aldea de Rodís;42.7596111;-008.0866389;;;;;;; Esta zona declarada ZEC (Zona Especial de Conservación) de 10.699 hectáreas, compartidas cos municipios de Beariz, Forcarei, O Irixo e Silleda comprende no concello de Lalín parte da parroquia de Vilatuxe e a totalidade da de Zobra. A Serra do Candán forma paisaxes de media montaña cunha especial orografía na que podemos destacar picos como o monte Coco (969 m.) ou o Uceiro (1004 m.), sendo o máis alto San Bieito con 1015 metros de altitude. Nesta serra nacen os ríos Lérez e Umia, na vertente oeste, e numerosos regatos que cara o leste verten as súas augas no curso alto do río Deza, formando fermosas fervenzas. Este río, xunto co Arnego e o Ulla define a idiosincrasia da comarca de Deza. Estas características favorecen a existencia de especies de flora e fauna de gran valor ecolóxico. Nos vales encaixados medran as fragas de maior tamaño da provincia de Pontevedra, formadas por árbores autóctonas, carballos, acivros, abeleiras... xunto a elas, especies de menor tamaño como arandeiras, rascacús así como diversas especies endémicas. Nas ladeiras máis altas a vexetación é de monte baixo, uces, carqueixas, toxos...Cabe destacar tamén a existencia de zonas de turbeiras nas que medran plantas de alto valor botánico como a drossera ou a árnica. Todo este conxunto ofrece unha espectacular gama de cores que vai variando ao longo do ano. Entre a fauna podemos destacar especies emblemáticas como o lobo, o gato bravo ou o bufo real, que conta en Galicia con moi poucas parellas. Os ornitólogos atoparán na Serra do Candán unha gran riqueza de aves, coa presenza de martiño peixeiro, merlo rieiro, papuxa montesa, ouriolo, avenoiteira, rapiña cinsenta, miñato abelleiro, falcón pequeno, gatafornela, moucho de orellas, entre moitos outros. Numerosos réptiles e anfibios coma o lagarto das silveiras, a píntega común ou o sapo raxado tamén están presentes nesta Serra. A orografía, de vales estreitos e fondos polos que discorren regatos atravesados por pontellas de lousa ou madeira, dificultou a agricultura. Desenrolándose oficios e actividades como carboeiros, tecedeiras, cultivo e fiado de liño ou a apicultura. Como testemuña da ancestral labor apícola, consérvase na zona unha das maiores concentracións de alvarizas do noroeste ibérico, sendo hoxe en día o mel un dos seus produtos máis recoñecidos. Posteriormente, a explotación das minas de estaño fixo que, na súa época, a localidade de A Trigueira fose das máis prósperas do municipio sendo das primeiras en ter luz eléctrica, conservándose aínda hoxe construcións daqueles tempos reconvertidas para aproveitamento turístico. ;Coordenadas aldea de Zobra,Coordenadas aldea de Bustelos;42.5673056,42.5864167;-008.2024167,-008.2435556;;;;;;;