Descripcion;TituloCoordenadas;Latitud;Longitud;Imagen;Documento;DocumentoNombre;Enlace;EnlaceNombre;EnlaceInterno;EnlaceInternoNombre A 7,5 km da vila de Lalín. ?Casa do Patrón? conta cun espazo natural á beira do río Asneiro, con área recreativa propia, onde podes pasar un anaco agradable á sombra da rica e variada flora, e ó mesmo tempo tomar o sol ou desfrutar dunha comida en familia ou con amigos nos seus bancos e mesas de madeira e pedra. Un espacio bio-saudable con dous muíños de agua, ?Muíño da Ponte? e ?Muíño de Entre Ríos?, totalmente restaurados que fan as delicias dos visitantes ó podelos contemplar en funcionamento. Dende esta área de lecer pódense iniciar varias rutas de sendeirismo circulares nas que se destacan tódolos aspectos naturais, culturais e patrimoniais da mesma. A lonxitude do percorrido pode variar en función da idade ou destreza dos camiñantes, sendo todas de dificultade baixa. Dada a finalidade educativa, o tempo en realizalas prolongase na medida en que nos deteñamos nos puntos máis destacados. Entre os elementos naturais cabe destacar as moitas carballeiras e soutos existentes, así como o río Asneiro que discorre pegado á ruta nunha boa parte do seu percorrido.;;42.6109444;-008.1334722;;;;;;; A tan só 700 metros do quilómetro cero atopamos este espazo verde no que carballos e castiñeiros, dúas das especies máis representativas de Galicia, conviven de maneira ordenada. Cando chega a primavera varios matices de verde coroan as súas copas, a elas veñen buscar acubillo torcazas ou pegas marzas. No verán proporcionan agradable sombra. No outono as cores, neste caso ocres, marelas e marróns volven chamar a nosa atención, a choiva de follas, de castañas e landras que pouco a pouco van alfombrando o chan tamén. Despois disto chega o inverno, e por entre as polas núas as raiolas de sol chegan ata o chan.;;42.6688056;-008.1111111;;;;;;; Situada na parroquia de Vilanova, a 7 quilómetros do casco urbano de Lalín. Á beira do río Asneiro, do que collía auga en tempos o muíño que aquí se conserva, é o lugar perfecto para pasar un día en familia ou con amigos, conta cunha grella, mesas e bancos de pedra onde poder desfrutar dunha agradable comida. Pódense iniciar dende aquí dous sendeiros: A Ruta do Castro de Doade (PR-G 210) que en 14,50 quilómetros de percorrido circular pasa pola aldea de Doade, onde podemos visitar o Museo Etnográfico ?Casa do Patrón?, así como polo castro de O Penedo (que está en proceso de escavación), a igrexa románica de S. Xoán de Vilanova ou o carballo de Soutolongo (incluido no catálogo galego de árbores senlleiras) entre outros lugares de interese. O lineal das paisaxes do alto Deza (Museo da Paisaxe), que percorre parte do sendeiro anterior, seguindo despois ata a serra de Candán pasando por lugares como Lebozán, As Liñeiras, Chedas, Zobra ou a Trigueira (antigamente houbo nesta aldea unha importante explotación mineira de estaño) e ao longo do que nos imos atopando paneis informativos sobre as paisaxes desta zona.;;42.6141389;-008.1453889;;;;;;; Situado no entorno do auditorio municipal, pódense contemplar varias esculturas relacionadas coa música. Especialmente curiosa é a que representa unha orquesta na que os músicos son diferentes tipos de árbores e arbustos. Nas inmediacións, un parque infantil, unha pista para monopatíns, e un pequeno circuito de condución segura, convírteno nun fantástico lugar para disfrutar cos cativos. Tamén hai un estanque, o lago do Pontiñas, que se pode bordear, comezando aquí o Paseo do Pontiñas, que ao longo de case 5 quilómetros vai parello ao curso deste regato que lle da nome, e que pode percorrerse tanto a pé como en bicicleta.;;42.6649444;-008.1040833;;;;;;; Situada na parroquia de Vilatuxe, a 12 quilómetros do casco urbano de Lalín. Chégase a ela pola estrada PO-534. É o lugar idóneo ao que se achegar nos días de verán e refrescarse dandose un baño nas cristalinas augas do río Deza, un dos mais importantes da comarca e cunha calidade da auga calificada ano tras ano coma "excelente para o baño". Pódese desfrutar da agradable sombra da carballeira, equipada con mesas e bancos onde poder merendar, ou tomar o sol na marxe oposta do río. O resto do ano a paz e a tranquilidade apodéranse da zona e convértena en lugar a visitar por aqueles amantes da natureza sinxela, que desfrutan co piar dos paxaros, cos sons da auga, con sentarse debaixo dun carballo a ler un libro... Nos meses de xullo e agosto dispón de servizos de bar e aseos.;;42.6163333;-008.2085278;;;;;;; Parque con agradable sombra, situado no centro da vila e presidido pola estatua que rende homenaxe ao fillo ilustre de Lalín que lle da nome. Joaquín Loriga protagonizou o voo de proba do autoxiro de Juan de La Cierva, o raid Madrid ? Manila en 1926, e foi un dos primeiros aviadores en aterrar cun avión en Galicia, facéndoo en terras de Lalín no ano 1927. O parque acolle un campo de petanca e distintos aparellos biosaudables para facer ximnasia.;;42.6621389;-008.1130556;;;;;;; Cun percorrido aproximado de 5 quilómetros lineais, vai bordeando o regato Pontiñas o entorno do Auditorio Municipal, no casco urbano, ata O Espiño, ou viceversa. Pode facerse tanto a pé como en bicicleta dispondo de carrís diferenciados para cada unha das actividades. Ao longo do percorrido atopámonos con varios muíños, carballeiras, parques, pontes, sendo un lugar moi frecuentado polos veciños de Lalín. Dende o paseo, e seguindo vellos camiños acondicionados e sinalizados, pode conectarse co complexo deportivo Lalín Arena, coa igrexa románica de Donramiro, ou co paseo de A Romea.;Coordenadas inicio/fin O Espiño;42.6663056;-008.1398889;;;;;;; A 24 km do centro da vila de Lalín e a 5 km de Zobra. Moi preto da aldea de A Trigueira que foi antano lugar de importancia gracias as minas de estaño existentes na zona, atópase esta área de lecer que ademais de mesas e bancos de madeira á sombra dos carballos e lugar no río onde bañarse, ten un singular acceso por unha ponte de lousas.;;42.5607778;-008.2311111;;;;;;;