Este establecemento é moi sonado na zona por ser tan completo: ten museo de arte castrexa en honor ó Castro de Doade, ten unha capilla con exposicións temporais, talleres coma por exemplo de cestería ou xogos tradicionais, talleres castreños sobre a caza e a cerámica castrexa e moito máis.
O seu restaurante é tamén moi completo, tanto che ofrecen a súa especialidade co cocido coma os seus bolos preñados ou a súa empanada. Nos primeiros pratos teñen caldo galego, sopa, potaxe de garbanzos, fabada e máis. Nos segundos pratos ofrecen cocido de Lalín, lacón con grelos, capón casero asado, bacalao ó forno e máis. Tamén ofrecen unha ampla selección de postres coma por exemplo: queixo con marmelo, tarta caseira de noces, tarta caseira de almendra, tarta de queixo ó forno e máis.
Vas poder acompañar toda esta comida ca súa sublime selección de viños. Algúns deles son: viño blanco albariño con D.O Rías Baixas, viño tinto Ribeiro con D.O. Ribeiro e viño tinto Mencía con D.O. Ribeira Sacra.
- Servizos
- Restaurante.
- Especialidades
- Cocido, costilla ao forno, empanadas, bolos preñados
- O menú de hoxe
- NON
- Prazas
- 80
- Pechado
- Non pecha
- Observacións
Sempre con reserva
- Enderezo
- Codeseda, 1 - 36519 Doade (Lalín)
- Teléfono
- (+34) 986 692 203 / 635 939 890
- Correo electrónico
- casadopatron@gmail.com
- Sitio web
- Social
- Museo y Restaurante Casa do Patróncasadopatron
- Coordenadas
- 42.608869, -8.132154