Museos

Como sucede cos agasallos, nos museos o importante está no interior, pero o envoltorio desata a nosa imaxinación tentando anticipar que é o que nos agarda dentro. Un pazo do século XVIII restaurado con gusto exquisito, unha aldea na que contido e continente se funden, a vivenda dun xenio científico, un edificio de vangarda, e ata a propia natureza no seu esplendor fan dos museos de Lalín lugares fascinantes.

No museo do Xoguete e a Marioneta achegaraste a estes marabillosos mundos. Coñecerás a súa evolución a través de pezas de distintas épocas, no caso dos xoguetes, e no caso das marionetas, a súa influencia nas culturas de todo o mundo a través de pezas que te farán viaxar polos distintos continentes. No museo etnográfico Casa do Patrón podes comprender como era a vida no rural a través dos seus obxectos de uso cotián, descubrir cos teus fillos o aspecto dunha escola de principios do século pasado, ou ver como eran os cuartos das casas dos nosos devanceiros. No museo municipal Ramón Mª Aller poderás saber mais da vida deste sabio lalinense e da súa contribución á astronomía.

Admirarás unha escolma da obra dun dos pintores galegos mais recoñecidos, José Otero Abeledo “Laxeiro”, e desfrutarás das exposicións temporais de arte que periodicamente teñen lugar no museo. Os castros da comarca de Deza, as súas lendas, e a súa relación coa gastronomía actual teñen protagonismo no centro Castrodeza. E finalmente, o Museo da Paisaxe, onde o material exposto son as montañas, os prados, os ríos, as vivendas e as granxas... e todo ¡a tamaño natural!

CastroDeza

Inaugurado en novembro de 2016, é un espazo pertencente á Deputación de Pontevedra orientado á divulgación e posta en valor da cultura castrexa, as súas lendas e gastronomía; onde as novas tecnoloxías da información e a comunicación se poñen ao servizo do patrimonio cultural que atesoura a comarca de Deza.

Este espazo pode percorrerse de maneira autónoma ou mediante visitas guiadas. Tamén se ofertan talleres didácticos relacionados co mundo da cultura castrexa, adaptados para todo tipo de público. (Consultar)

SALA 1 - Unha alta concentración de castros, concretamente 107, converten a Deza na comarca con máis asentamentos castrexos de Galicia.

SALA 2 - Gracias á tradición oral conservamos gran número de lendas que evidencian a importancia dos castros como referente na memoria colectiva

SALA 3 – Estamos nun territorio cunha forte pegada castrexa, particularidade que se pon de manifesto na paisaxe, na gastronomía e no imaxinario popular.

SALA 4 – A relación da paisaxe cos produtos e a súa elaboración revela a existencia dunha tradición gastronómica de calidade, cuxas bases se remontan a Idade de Ferro.

Axenda
De Martes a Domingo: 10:00 a 14:00, 16:00 a 18:00
Visitas
Guiada ás 12:00
Enderezo
Plaza de Galicia, 1 - 36500 Lalín
Teléfono
986 781 608
Correo electrónico
castrodeza@depo.es
Sitio web
Coordenadas
42.660255, -8.116667
Imagen CastroDeza