Imaxe: Losón (Santuario da Nosa Señora de O Corpiño)

Losón (Santuario da Nosa Señora de O Corpiño) Igrexa de estilo neoclásico edificada ao longo do século XVIII. Curiosa construción que aparenta ter dúas fachadas.

Imaxe: Vilanova (San Xoán)

Vilanova (San Xoán) Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.

Imaxe: Soutolongo (Santa María)

Soutolongo (Santa María) Nesta igrexa atopamos elementos de distintos estilos arquitectónicos, entre eles góticos, bastante escasos en Galicia.

Imaxe: Santiso (San Román)

Santiso (San Román) Chama a atención nesta igrexa a fachada con balaustrada e pináculos na parte superior.

Imaxe: Rodís (San Xiao)

Rodís (San Xiao) Este templo do século XII é unha das xoias románicas do municipio, xa que posúe a súa fábrica orixinal case intacta.

Imaxe: Prado (San Martiño)

Prado (San Martiño) Nesta igrexa podemos observar a evolución dun pequeno templo rural galego.

Imaxe: Palmou (San Xoán)

Palmou (San Xoán) Aínda que moi reformada conserva diversos elementos da súa fábrica románica de finais do século XII.

Imaxe: Palio (Santa Baia)

Palio (Santa Baia) As súas orixes no século XI convírtena na igrexa máis antiga que se conserva no municipio.

Imaxe: O Cello (San Martiño)

O Cello (San Martiño) Conta cunha ábsida rectangular románica de perpiaños de granito, cunha seteira cegada no testeiro.

Imaxe: Moneixas (San Adrián)

Moneixas (San Adrián) Conserva varios elementos da súa fábrica románica do século XII, no interior.

Imaxe: Losón (Santa Baia)

Losón (Santa Baia) Segundo consta na inscrición situada nun contraforte, esta igrexa comezou a construírse no ano 1165.

Imaxe: Lalín de Arriba (San Martiño)

Lalín de Arriba (San Martiño) Conserva moitos elementos da súa construción do século XII, ábsida, fachada occidental, canzorros, marcas de canteiros, seteiras e arco triunfal.

Imaxe: Goiás (San Miguel)

Goiás (San Miguel) Esta atípica igrexa, construída no século XII, aínda conserva a esencia propia dos templos románicos do rural galego.

Imaxe: Donsión (Santa Baia)

Donsión (Santa Baia) De estilo Barroco. Mandouna construír no ano 1731 Cayetano Gil Taboada.

Imaxe: Donramiro (Santa María)

Donramiro (Santa María) A súa fábrica primitiva é da primeira metade do século XII. Reformada en 1654, conserva da época románica parte da nave e a totalidade da fachada.

Imaxe: Cercio (Santiago)

Cercio (Santiago) Construída no ano 1700.

Imaxe: Castro de Cabras (San Pedro)

Castro de Cabras (San Pedro) Aparece mencionada en documentos relacionados co mosteiro de Oseira a partir de 1210.

Imaxe: Cangas (Santa Mariña)

Cangas (Santa Mariña) A data mais probable de construción da igrexa sería 1179

Imaxe: Camposancos (San Cristovo)

Camposancos (San Cristovo) Igrexa feita con pedras irregulares. Posúe unha ábsida semicircular, do século XII.

Imaxe: Bermés (Santa María)

Bermés (Santa María) A parroquia de Bermés aparece mencionada nos documentos do bispo Odoario no século VIII. A igrexa primitiva foi substituída no século XII.

Imaxe: Anzo (San Xoán)

Anzo (San Xoán) Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII.

Imaxe: Alperiz (San Pedro)

Alperiz (San Pedro) Igrexa orixinaria de mediados do século XII.