Carteis do Cocido

Os primeiros carteis do cocido son asinados por imprentas. Non é ata 1975 cando se empezan a facer os carteis asinados por artistas, e a Feira do Cocido ten a honra de que fose Laxeiro o que aceptase abrir as portas a esa iniciativa, facendo da arte unha boa maridaxe para o cocido. O artista promociona a Feira do Cocido e a Feira do Cocido promociona ao artista.

Seguiron a Laxeiro: Sucasas, Virxilio, Paío, Fortes, Alicia Alonso, Santiago Valdés, Aymerich, Moldes, Paco Lareo, Lamazares, Gloria Alonso, Armindo Salgueiro, Xabier Arias, Nicolás, Álvaro Negro, Nicolás, Álvaro Negro, Moncho Borrajo, Fondevila, Macías, Quintana Martelo, Antón García Patiño, Jorge Castillo, Barreiro, Antón Pulido, Chelín, Vidal Souto, Pilar Taboada, Alexandro, Francisco López “Pichi” e Misha Bies Golas.