Mirador "Coto de Zobra"

Situado na serra do Candán, na parroquia de Zobra, preséntanos unha panorámica das devesas de Bustelos e do río Zobra, o monte Castelón, monte Coco e o alto de San Bieito, a aldea de Moa e as súas devesas.

Como chegar: Na estrada de Vilatuxe a Zobra, xusto antes da pista polideportiva da Portela (Zobra), collemos a pista de terra que sube á esquerda. Seguímola ata chegar á liña de eólicos. Outra opción é continuar en coche pola mesma estrada e coller á esquerda, dirección Liñeiras ata chegar ó cruce coa liña de eólicos. Logo á esquerda.

Coordenadas
42.5753083, -008.2069472
Imagen Mirador