Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Cartografía da pedra
Autor
Javier Iván Hita
Ano
2014
Materiais
Granito
Enderezo
Arredores do Castro Tecnolóxico
Coordenadas
42.6597222, 42.6597222, -008.1171667

Formada por dez esculturas, feitas en bolos. Pedras atopadas nos montes, con formas rotundas que buscan o pasado. Petróglifos, formas orgánicas, xeométricas e curvas que beben da tradicións dos dolmens e os menhires.

Imagen Cartografía da pedra