Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

 

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Quiosco e mesa familiar
Autor
César Portela
Ano
2001
Materiais
Granito
Enderezo
Carballeira no Paseo do Pontiñas
Coordenadas
42.6617222, -008.1193056

O quiosco é un cubo de pedra no que se empraza un pequeno recinto para despacho de tapas ou bebidas, dipón dun peche de madeira pregable que cando está aberto fai a función de viseira protectora do sol e da choiva. Na outra metade do cubo, dous aseos públicos para homes e mulleres. Unha escaleira exterior de pedra da acceso á terraza da cuberta. Ó redor da terraza un banco de pedra con respaldo para gozar da visión dos carballos. Mirador-atalaia-altar franqueado por un par de portas encarnadas. Contraste entre complementarios: o vermello das portas e o verde do contorno; sintonía no gris da pedra e o verde dos liques. Arquitectura con evidente compoñente escultórico.

A mesa familiar é unha mesa de pedra de forma elíptica rodeada dun banco de seis tramos consecutivos sobre bases paralelepípedas. As súas grandes dimensións – 11 m de longo e 2,50 m de ancho – dan boa cabida á familia mais numerosa.

(Texto: Alicia Fernández Dapena)

Imagen Quiosco e mesa familiar