Museos

Como sucede cos agasallos, nos museos o importante está no interior, pero o envoltorio desata a nosa imaxinación tentando anticipar que é o que nos agarda dentro. Un pazo do século XVIII restaurado con gusto exquisito, unha aldea na que contido e continente se funden, a vivenda dun xenio científico, un edificio de vangarda, e ata a propia natureza no seu esplendor fan dos museos de Lalín lugares fascinantes.

No museo Galego da Marioneta achegaraste ó marabilloso mundo dos monicreques. Coñecerás a súa influencia nas culturas de todo o mundo a través de pezas que te farán viaxar polos distintos continentes. No museo etnográfico Casa do Patrón podes comprender como era a vida no rural a través dos seus obxectos de uso cotián, descubrir cos teus fillos o aspecto dunha escola de principios do século pasado, ou ver como eran os cuartos das casas dos nosos devanceiros. No museo municipal Ramón Mª Aller poderás saber mais da vida deste sabio lalinense e da súa contribución á astronomía.

Admirarás unha escolma da obra dun dos pintores galegos mais recoñecidos, José Otero Abeledo “Laxeiro”, e desfrutarás das exposicións temporais de arte que periodicamente teñen lugar no museo. Os castros da comarca de Deza, as súas lendas, e a súa relación coa gastronomía actual teñen protagonismo no centro Castrodeza. E finalmente, o Museo da Paisaxe, onde o material exposto son as montañas, os prados, os ríos, as vivendas e as granxas... e todo ¡a tamaño natural!

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares Pazo de estilo barroco do século XVII. Foi casa dos Taboada, unha das liñaxes máis importantes de Galicia. Estivo habitado ata principios do século...

Museo municipal Ramón Mª Aller Ulloa

Museo municipal Ramón Mª Aller Ulloa Esta casa de finais do século XIX foi a residencia do astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, nacido no pazo de Filgueiroa (Lalín) en 1878. Nela, a comezos...

Museo galego da marioneta (pendiente próxima reapertura)

Museo galego da marioneta (pendiente próxima reapertura) Ao longo deste museo, as visitas percorrerán o mundo máxico dos monicreques e marionetas a través das salas de exposicións permanentes e temporais,...

Museo etnográfico casa do patrón

Museo etnográfico casa do patrón A “Casa do Patrón” é un museo etnográfico no rural, con máis de 2.000 metros cadrados de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen...

Castrodeza (Centro de interpretación da cultura Castrexa)

Castrodeza (Centro de interpretación da cultura Castrexa) Inaugurado en novembro de 2016, é un espazo pertencente á Deputación de Pontevedra orientado á divulgación e posta en valor da cultura castrexa, as...