Espazos naturais

Falar de Lalín é falar de natureza, de miradoiros dende os que descubrir que o verde, o ocre, o amarelo ou o púrpura teñen centos de matices. Carballeiras, soutos e fragas de conto engalanan este municipio. Impoñentes árbores como os carballos de Vilatuxe, Espinosa ou Bermés, a sobreira do Vento, a árbore do incenso de Rodís, e tantos outros, elévanse como maxestosos centinelas do paso da historia.

Lugares máxicos como o Souto de Quiroga, a carballeira de Barcia ou a do Rodo, tesouros medioambientais como a Serra do Candán ou o Sobreiral do Arnego, son lugares que invitan a pechar os ollos e escoitar o piar dos paxaros, o vento acariñando as follas, o rumor dos centos de regatos e fervenzas onde sentir o abrigo no inverno, o frescor no verán, o perfume das flores na primavera, ou o arrecendo das alfombras de follas no outono ¿Canto tempo fai que non sentes unha paz semellante?

Sobreirais do Arnego

Sobreirais do Arnego Zona declarada ZEC (Zona Especial de Conservación) de 1.124 hectáreas, compartidas cos municipios de Agolada e Vila de Cruces, comprende no...

Fraga de Catasós

Fraga de Catasós Declarada Monumento Natural, un dos oito existentes en Galicia, esta fraga de 45.185 metros cadrados de superficie, conta con excepcionais...

Carballeira de Barcia

Carballeira de Barcia O carballo é a árbore máis representativa de Galicia. A dura madeira do carballo foi empregada para a construción de barcos e dise que para facer...