Este establecemento está feito para todo tipo de públicos por todas as zonas que contén.
A primeira delas é o seu restaurante representa o mellor da comida tradicional cos seus produtos de primeira calidade e ca súa carta chea de sabores galegos. Ademais preocupánse polas alerxias e intolerancias dos comensales. Por iso a carta indica que se es celíaco/a debes avisar á hora de pedir para que che teñan en conta. Para as demais alerxias dita carta mostra con símbolos todos os elementos que poden conter alerxias como por exemplo se contén lácteos, gluten e demais.
Nesta carta destaca o seguinte:
Menús:
- Menú churrasco: Churrasco mixto, entrantes con churrasco, polbo con churrasco, langostino (por encargo) con churrasco.
- Menú infantil: Válido ata os dez anos. Contén churasquiño mixto e un menú cativo onde o rapaz/rapaza poderá escoller entre peituga de polo, croquetas e luras.
Petiscos para compartir: Van dende racións de pan, selección de embutidos ibéricos e racións de patacas ata parrillada de verduras, revoltos de cogomelos con ou sin panceta e maís.
Nas súas carnes destaca a súa especialidade: o chuletón. Pero non vamos ignorar as demais carnes. Entre as demais destacan raxo, picaña ou croca e maís. Nos seus pratos mariños destacan as gambas ó alliño, polbo ó inferno ou linguado e maís. Todos estos incribles pratos podelos acompañar ca mellor selección de viños como os albariños ou os mencía, entre outros.
Para terminar da mellor forma posible, teñen os seus postres. Entre estes destacan as súas tartas de queixo tanto ó forno como de arandos e a tarta xeada, entre outros. Teñen un apartado de postres sen glute e dentro destes destaca o flan de queixo e os amorodos con nata, entre outros.
Tamén podes pasar unha noite, ou as que queiras, nas suás instalacións para unha experiencia única. As habitacións son triples cunha cama individual ou unha dobre. Teñen baño privado, TV con servicio de streaming (Netflix), cuna disponible a petición, e moito maís. A reserva vai incluida con servicio de almorzo. Asi terás máis tempo para disfrutar dos seus exteriores (piscina, parque para nenos, muíño, parking gratis). Ao mesmo tempo estarás conectado a rede gracias a súa conexión de internet.
- Servizos
- Aloxamento e restaurante
- Especialidades
- Rodicio brasileiro, churrasco, pulpo, peixes
- O menú de hoxe
- NON
- Prazas
- 300
- Enderezo
- O Seixo, 1 - 36512 Santiso (Lalín)
- Teléfono
- (+34) 986 794 389
- Correo electrónico
- fogar@fogardebreogan.es
- Sitio web
- Social
- Fogar de BreogánfogarbreoganFogar de Breogán
- Coordenadas
- 42.691785959473094, -8.151163436693512