Prehistoria

Os numerosos recursos naturais do noso territorio, con abundancia de ríos e bosques, caza e pesca, fixeron que a comarca de Deza e o noso concello en particular fose poboado dende tempos antigos. Proba disto son as múltiples pegadas que os nosos devanceiros deixaron como testemuños do seu paso. Por todo o municipio numerosas construcións megalíticas así o evidencian, sendo as mais coñecidas, por seren as únicas escavadas ata o momento e pola súa singularidade, as do conxunto Mámoas da Cruz, en Alperiz. Tamén  é destacable a cantidade de castros, asentamentos da idade de ferro, que temos no municipio, mais de trinta, o que nos converte nun dos lugares de Galicia con maior concentración destes enclaves típicos da cultura castrexa. En case tódalas parroquias podemos atopar algún, ou varios, destes asentamentos que permanecen no maxín popular como lugares habitados por seres máxicos, protagonistas das marabillosas historias e lendas. Para coñecer mais sobre a cultura castrexa podemos visitar o centro Castrodeza, o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico no Pazo de Liñares, as excavacións do Castro do Penedo en Doade, ou pasear polo Castriño de Bendoiro, escavado e sinalizado con paneis polo ADIF por mor do paso do tren de alta velocidade e a quen compete o seu mantemento.

Imaxe: Castro de “O penedo”

Castro de “O penedo” O “Castro do Penedo” tamén coñecido como Castro de Doade e popularmente como “Aurela do Castro”, está situado na parroquia de Doade, a 100 metros...

Imaxe: Castriño de Bendoiro

Castriño de Bendoiro Nos anos 2007 e 2008 con motivo das obras do tren de alta velocidade leváronse a cabo algunhas intervencións arqueolóxicas nas que se atoparon...

Imaxe: Altar do sol e mámoas de Alperiz

Altar do sol e mámoas de Alperiz Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, estas mámoas formaban parte dun conxunto de sete, coñecido como Mámoas da Cruz,...