Albergue de Peregrinos en A Laxe

Este albergue pertencente a Rede de albergues da Xunta de Galicia, ten capacidade para 30 persoas, distribuidas en dúas habitacións. Foi inaugurado en 2004 e ocupa un antigo edificio rehabilitado e reformado, que tamén se utiliza como Centro Social. Dispón de oratorio, sala de descanso e lectura.

Ten dispoñibilidade durante todo o ano. En verán, instalase unha carpa para ampliar as prazas. É un albergue público e exclusivo para aqueles peregrinos con credencial. Non admite reserva de praza. É accesible para persoas con movilidade reducida. 

Os seus servizos son: catro duchas, cociña completa sin menaxe, microondas, lavandería (lavadora, secadora, tendedeiro pileta para lavar a man), garda bicis, sala de estar, xardín e calefacción central. Para as camas, inclúe sábanas refugables e mantas. Ten máquina de augas, refrescos e café. Non ten taquillas nin armarios. Hai conexión internet. Dispoñen de servizo de información ó peregrino. 

No caso de querer utilizar a lavadora e a secadora, tería un coste extra. Hai un restaurante a uns 400m que abre cada día. 

Prazas
30 (en verán instalase unha carpa para ampliar as prazas)
Observacións

Camiño de Santiago (Confluencia do Camiño de Inverno e da Vía da Prata)

Enderezo
A Laxe, 21 - 36512 Bendoiro (Lalín)
Teléfono
(+34) 881 996 100 / 638 962 808 / 658 038 042
Sitio web
Coordenadas
42.6762500, -008.1634444
Imagen Albergue de Peregrinos en A Laxe