Espazos naturais

Falar de Lalín é falar de natureza, de miradoiros dende os que descubrir que o verde, o ocre, o amarelo ou o púrpura teñen centos de matices. Carballeiras, soutos e fragas de conto engalanan este municipio. Impoñentes árbores como os carballos de Vilatuxe, Espinosa ou Bermés, a sobreira do Vento, a árbore do incenso de Rodís, e tantos outros, elévanse como maxestosos centinelas do paso da historia.

Lugares máxicos como o Souto de Quiroga, a carballeira de Barcia ou a do Rodo, tesouros medioambientais como a Serra do Candán ou o Sobreiral do Arnego, son lugares que invitan a pechar os ollos e escoitar o piar dos paxaros, o vento acariñando as follas, o rumor dos centos de regatos e fervenzas onde sentir o abrigo no inverno, o frescor no verán, o perfume das flores na primavera, ou o arrecendo das alfombras de follas no outono ¿Canto tempo fai que non sentes unha paz semellante?

Imaxe: Sobreirais do Arnego

Sobreirais do Arnego Zona declarada ZEC (Zona Especial de Conservación) de 1.124 hectáreas, compartida cos municipios de Agolada e Vila de Cruces.

Imaxe: Fraga de Catasós

Fraga de Catasós Declarada no ano 2000 Monumento Natural, un dos oito existentes en Galicia. Conta con excepcionais exemplares de carballos e castiñeiros.

Imaxe: Carballeira de Barcia

Carballeira de Barcia O carballo é a árbore máis representativa de Galicia. A dura madeira do carballo foi empregada para a construción de barcos

Imaxe: Serra do Candán

Serra do Candán Zona ZEC (Zona Especial de Conservación) de 10.699 hectáreas, compartidas cos municipios de Beariz, Forcarei, O Irixo e Silleda.