Palleira De Roque (VUT)

Casa restaurada no ano 2005 de alquiler completo a escasos kilometros de Lalín. Consta de planta baixa e planta alta. Na planta baixa, hai baño, cociña e salón. O salón está dotado cunha biblioteca e cheminea de leña. A cociña ten todo o necesario: menaxe, vaxilla para 8 persoas, cociña eléctrica, neveira, lavadora e microondas. Na planta alta, hai 3 habitacións dobles, unha delas con dúas camas, un baño privado e outras dúas con cama de matrimonio e cuarto de baño compartido. A casa tamén conta con calefacción, teléfono e acceso WI-FI a internet. Ofrecen roupa de cama e baño.

Na finca de 6000 metros no exterior contén: aparcamento propio, xardín, barbacoa, cenador, piscina, campo de petanca, horta, galiñeiro e tendeiro. Tamén hai acceso a unha finca anexa duns 20.000 metros para pasear. 

Poden concertar diversas actividades con empresas da zona. Estas actividades son: sendeirismo, rutas con quad ou a cabalo e bicicletas. 

Durante determinadas datas cambia o modo de reservar: os días de facer ponte se alquila completo, semana santa hai que reservar mínimo catro noites e durante navidades e fin de ano hai que reservar mínimo durante tres noites. Non se admiten reservas de fin de semana durante a temporada alta (xullo, agosto, setembro, semana santa, navidad, fin de ano e pontes).

Servizos
Salón, cociña equipada, chimenea, xardín, barbacoa, piscina cuberta, cenador
Prazas
6
Casa completa
si
Enderezo
Bermés do Fondo, 10 - 36517 Bermés (Lalín)
Teléfono
(+34) 609 542 296 / 600 019 988
Correo electrónico
info@palleiraderoque.com
Sitio web
Coordenadas
42.7157222, -008.1318333
Imagen Palleira De Roque (VUT)