Anzo (San Xoán)

Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII.

A ábsida rectangular, presidida polo Agnus-Dei, conserva canzorros e ventá de unha arquivolta sobre columnas acaroadas de capiteis con follas, fustes lisos e bases decoradas con garras, cunha seteira no centro.

Portada lateral dunha arquivolta, sobre columnas con capiteis piramidais, decorados con trazos que forman rombos e ángulos, tamén follas redondas. O tímpano está adornado con dúas filas de círculos de cinco radios. Os muros norte e sur conservan os canzorros e as ventás seteiras.

No interior destacan os dous arcos que hai na ábsida, o triunfal e un arco faixón, ambos sostidos por columnas con capiteis decorados con grandes follas e bases decoradas con garras.

A fachada occidental ou principal é moderna.

Coordenadas
42.7179722, -008.1993611
Imagen Anzo (San Xoán)